Collo
o camiño do medio. Para non discriminar. Para que algúns non pensen
mal. Avanzo. Pero a verdade é que non sei para onde vou.
Ó
mellor vou na procura dun tríscele ou dun reloxo de area, vai ti
saber. Tamén podo buscar un sorriso moi aberto ou unha conversa
inmensa. En principio collín o camiño do medio e, despois, Deus
dirá. O caso é andar. Ando
polo
camiño
dun sentimento cheo de paixón e subo a costa cun latexo no corazón.
Ás veces son así de sentimental, ou de parviño morno, ou de
soñador. Pero sempre dixen que era bonito soñar. Soñar esperto se
entende.
O ceo está poboado de nubes negras. E que? Se todo o meu
criterio, todo o meu entendemento é branco. Branco coma un vestido
vermello, ou azul, ou
púrpura.
Ás veces as cores están aí para confundilas ou para que te
confundan. Pero,
que máis dá! Toda cor é bonita. Non quero desviarme un ápice do
camiño do medio, aínda que teña que ver ó lonxe esas cores.
Moitas veces é suficiente o contemplar tan só, o
ver como a harmonía do conxunto estoura diante duns
ollos abertos de asombro, e aí queda para sempre a felicidade
flotando entre nubes, agora
brancas, de algodón. Por
veces son un romántico dun poema ó que lle faltan os versos. Porque
non todos os versos queren acoplarse ó ritmo do poema. É igual; a
vida segue polo camiño do medio. Porque o meu entusiasmo optou por
este e non vou agora rexeitar del. Cando, na realidade, me está
ofrecendo todo o que desexo, todo o que quero. Sigo
andando por el e soñando coas cores dunha ilusión.
Finca Fierro. Martes, 5 de maio de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario