lunes, 12 de diciembre de 2022

TIRANDO DA CORDA

Como xa me doía a cabeza de estar tanto tempo co ordenador e, por momentos, de ler, optei por saír a dar unha volta. Pensei en ir deica a ponte das Cepas de Baños de Molgas e para alá marchei. Ó pouco de pasar a estación do ferrocarril e xa na carreira que leva ó muíño do Dositeo, vin que sobresaía da parede que lindaba unha poula co camiño a punta dunha corda. Como a corda se vía que era nova, déuseme por tirar dela. Levo dous días tirando dela! E semella que non ten fin.


Non é ningunha broma. Os brazos xa me doen máis incluso que cando rozaba os toxos co fouciño ou cando segaba a herba coa gadaña. A corda non pesa, pero sabedes o que é estar tirando dous días seguidos? Movendo os brazos de continuo e máis ou menos ó mesmo ritmo. Porque, claro, sempre penso que está a piques de asomar a outra punta do sedeño; que agora xa vai, que non pode faltar moito, que aí vén, que quedarán tantos metros, etc. Entón, zas, dálle que dálle, zumba e dálle, tumba que dálle. Por moito que lle dou, non hai maneira.

Mais como a testán non hai quen me gane, sigo tirando da corda. Como se boto semanas ou meses. A un ritmo máis lento, iso si. Pero sen pausa. E xusto cando estaba a limpar por enésima vez as pingas de suor que esvaraban pola miña cara, aí estaba, a punta final. Dous días xustos tirando da corda. Sentei enriba dela e tomei folgos. Seguín de paseo ata a ponte das Cepas.


Café O Liñar. A Valenzá. Domingo, 11 de decembro de 2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario