viernes, 20 de enero de 2012

BOTAR MAN DO ASUNTO


              Xa sei que levamos catro ou cinco días falando da agresión de Pepe a Messi e de que o tema é normal que canse xa e que aburra, pero deuse a coincidencia de que un servidor, ese día, estaba a ver o partido cos meus fillos, dous cativos aínda moi noviños, nos que pensei ó momento sobre a imaxe que estaba a recibir precisamente o máis vello, por aquilo de ser seareiro do Real Madrid. Porque detrás desta polémica agresión volveu xurdir, faltaría máis, a que realizou o mesmo xogador sobre Casquero no abril do 2009 e que eu vexo moito máis grave ca realizada sobre Messi. No momento de escribir isto vina de novo en youtube e aínda me sigo preguntando como un club como o Real Madrid ten nas súas filas a este xogador. Sinceramente, o vídeo arrepía, principalmente cando chega o momento da gran patada que lle lanzou con dirección á cabeza. ¡Que sorte tivo Casquero de non ser alcanzado de cheo! Un xogador pode perder os nervios dúas ou tres veces incluso, pero é que Pepe pérdeos de continuo, e a perda dos seus non son de verborreas senón que son de armas tomar. Hai certos momentos en que incluso a xustiza ordinaria tiña que botar do asunto.

              Maceda. Venres, 20 de xaneiro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario