Non
hai peixe malo nin peixe bo. Só hai unha troita que corre polo río abaixo e
quen a puidera coller. Que ninguén se atreva a “goldrar” o río Arnoia, pois
corre o risco de que as sambesugas lle chuchen o sangue das veas. Non merece a
pena perder gotas de sangue por unha simple troita que corre en vez de nadar.
No río Arnoia xa non é novidade. Alí, ao seu paso por Baños de Molgas, as
troitas correron sempre. Alí só nadan os sapoconchos sen cuncha e os xastres
sen roupa. Ao mellor a culpa é da auga da burga. Eu que sei!
Cafetaría
Aitana 39 da Valenzá. Mércores, 16 de maio de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario