Canta rabia me dá empezar un recuncho hebdomadario cunha nova
que semella unha trapallada, unha simple anécdota, pero é que, falando claro:
deixámonos dar por detrás lingüisticamente! E isto si aínda me dá máis carraxe.
É máis, se puidera coller ó primeiro periodista que colocou no papel do seu
xornal as palabras ou a expresión “Black Friday”, arrincáballe os intestinos!
Non nos chega xa coas que estamos invadidos, senón que, agora, cada palabra
inglesa que asoma por estes lares, zas, adoptámolas e reverenciámolas coma se
foran virxes. Co fácil que é dicir venres negro! Entendería un chisco (só un
chisco, pois todo ten tradución nesta vida) aquela palabra difícil de traducir,
pero á Black Friday só se lle altera a orde. Venres negro. Así de simple, así
de sinxelo. Pois non, non vaia ser que sexamos uns pandorquiños, que non
vaiamos cos tempos ou coas linguaxes informáticas. O tema da “informática inglesa” xa desisto de
loitar contra ela. Xa nos abriron tanto o cu que xa nin doe. E métennos o
bastón do autorretrato ata as mesmas entrañas, porque queda máis fino Selfie. E
tanto!; nin tan sequera hai que usar vaselina. Agora, para máis aquel, mañá,
pasado mañá, calquera día destes aparecerá Gloria Lago, a de Galicia Bilingüe,
criticando calquera palabriña galega que se usou en calquera aula ou consulta
ou xulgado ou supermercado. Que a ver por que se discrimina o castelán. E
mentres, o inglés asoballa ás dúas nosas linguas xuntas. Por certo, isto
escribino o Black Friday. E dóeme o cu.
Café Perla 6 do Campus Universitario de Ourense.
Venres, 27 de novembro de 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario