A
tarde está tan nubrada, tan encapotada, tan escura que semella noite. Son as
cinco en punto da tarde. Dunha tarde que aínda non é noite. Semella que si,
pero non é. As semellanzas ás veces son coma quimeras, é dicir, que non valen
nada de nada. Seméllase a… pero. Pero aí está o quid: que non é igual. Que
demo!, xa o dicía Shakespeare: ser ou non ser (el dicíao en inglés: to be or
not to be; creo) Pois iso, ou se é ou non se é. Non hai semellanza que valga.
No nariz seméllase ó Ignacio de Cachamuíña. Pero non é o Ignacio de Cachamuíña,
senón que é o Evaristo das Teixugueiras. Se o balón non dera no traveseiro,
entraba. Deu no traveseiro e marchou para fóra. Puido dar igual no traveseiro e
entrar, pero non o fixo. E punto. Se non fora o rabo, empreñaba a burra. Ou a
vaca. Pero para iso estaba alí o rabo, para que non empreñasen nin a burra nin
a vaca. Ser ou non ser. É ou non é. Nin a sorte nin a semellanza existen. O es
parvo ou es estúpido. A tarde sigue nubrada, encapotada. Non sei se esta
escuridade me está afectando. Semella que si, pero…
Café
O Chicote da Valenzá. Martes, 3 de novembro de 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario