martes, 16 de mayo de 2017

A LIBRE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS


Case todos os días hai algunha noticia que me chama a atención, ou ben porque me enrabecha ou ben porque me asombra. Hoxe lin unha que me alterou un chisco. Detiveron a un futbolista español por axudar a un inmigrante a ingresar en España. Onde está a libre circulación das persoas? Malditas fronteiras!
Para certas cousas armámonos de razón para defender e mimar as fronteiras. Pola contra, moitos políticos ou chupatintas pasan as fronteiras con cartos roubados e ninguén os detén. O que fai a lei, fai a trampa. O que é africano, non é civilizado. Para o europeo ou americano temos os brazos abertos. Para os africanos ou musulmáns con eses mesmos brazos tiramos das cadeas que lles colgamos ó pescozo. Artigo 13 da Declaración Universal dos Deritos Humanos: 1.- Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado. 2.- Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e regresar ó seu país. Só algunhas persoas.

Finca Fierro. Martes, 16 de maio de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario