miércoles, 17 de mayo de 2017

PARA QUE DIGA BONITO


Todos os anos pasa o mesmo: o Día das Letras Galegas remata axiña: na segunda páxina dos xornais. Brillan os ollos de ilusión cando empezas a ler nas portadas todo en galego; pero viras a folla e a ilusión foi tomar para aquel sitio. Falo dos xornais galegos, claro. Dos galegos que escriben en castelán.
E mirade, case lles paso esa falcatruada coa nosa lingua (e coa deles, penso), pero o que máis me rebenta, o que máis me enrabecha é que practicamente tamén todos os medios de comunicación galegos, no día de hoxe, fan especiais sobre este día E escríbense libros que distribúen cos periódicos conmemorando a data. Pero das, non sei, 70, 90 páxinas que ten un periódico, unha, tan só unha vai toda en galego. A primeira, claro, a portada. Para que nos faga soñar. para que diga bonito. Es as outras, todas en castelán, non vaia ser que non nos decatemos das noticias ou que esquezamos a lingua castelá. A nosa xa chega ben, xa sobra con falala.

Finca Fierro. Mércores, 17 de maio de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario