lunes, 15 de mayo de 2017

ARÁNDOLLE A SAN ISIDRO


Quero ser o ollomol dun conto que se desenvolve en alta mar, pero son un dos bois que lle araban a San Isidro na Pedradarca do Lucero del Alba Rodicio (é non é retranca ningunha nin o nome nin o apelido).
Tamén é verdade que me vin negro (aínda que eu son medio ratino) para convencer ó meu compañeiro de xugada. O moulón non quería arar nin a tiros. Na súa ollada de esguello eu ben entendía que me dicía que arase o San Isidro. Pero este marchara non sei a onde, imaxino que á misa, todo confiado en que nós arariamos a leira sós. Recoñezo que o tío tomouse moitas liberdades. O que pasa é que un, que é un cacho de pan, dixo vale! e tirou do arado de pau. Se chegara a ser a vertedera, coidadiño, ó mellor outro galo cantaría. Cando chegamos ó cabo do rego, aí xa plantou, xa chantou a miña parella. Menos mal que axiña volveu San Isidro. Abríu a boca abraiado ó ver que, efectivamente, araramos uns regos sen el. Grazas ás grazas. Porque non son ollomol... que se non habíame de buscar en alta mar.

Finca Fierro. Luns, 15 de maio de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario