miércoles, 9 de agosto de 2017

A NOITE FAISE ETERNA


    Que ruína de noite! Non teño ningunha película para ver. Haber hai tres. Pero resulta que xa as vin; unha varias veces e as outras dúas son malas de solemnidade. É que nin tan sequera hai un maldito partido de fútbol! Toda unha noite fochicando no ordenador pónseme costa arriba. Por que non les un pouco? Porque xa lin boa parte da tarde.

Que si, que estou co ordenador. Escribindo e escoitando música: o jazz de Art Tatum. Tamén xa estiven vendo fotos e vídeos que pasei do móbil ó portátil. Deses vídeos que circulan polos guasaps e desas fotos que se sacan cando, por un casual, tes unhas pequenas vacacións. Nada, de tan só catro días xustos. Unha miseria! Iso si, fotos a darlle cun sacho. As miñas xa hai tempo que as arquivei. As de hoxe eran do móbil da miña dona, que tamén lle gusta disparar. A quen non!; agora que non se malgastan carretes e que dá igual que saian dunha maneira ou doutra, pois todo consiste e gardar e eliminar. Isto remata pero a noite faise eterna.

    Finca Fierro. Mércores, 9 de agosto de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario