Tempo de que un piollo se meta pola
maraña duns pensamentos que van e veñen entre a terra e o mar,
entre o mar e a terra. Tempo
de analizar, ou mellor dito, de debuxar unha bata branca; a cor
inmaculada. Como ela. Como a palabra que se di, que se entende, que
se explica. A bata branca que
vai camiño de historias que doen, de sorrisos que sofren, de vidas
que se amosan coitadiñas ante a esperanza.
Tempo de que un “tolete” se meta por entre os versos dun poema ou por entre os capítulos dunha novela. Tempo de coller dúas pedriñas e debuxar nelas nomes con cualificativos cariñosos. Despois todo consiste en adornar un soño que vai máis alá do infinito ou máis alá de Fisterra. Detrás de cada epíteto está a bata branca que mira, sorrí e fala. Fala con palabras de orballo para completar unhas frases que enchen o baleiro dun sentimento. Sempre haberá historias coas que soñar. Sempre haberá ondas que van e veñen polo mar. Ese mar que calma. Ese mar que arrodea á bata branca de pura poesía. Tempo no que un alento vai metido no peto esquerdo da bata branca á altura do corazón. Despois xa todo é un desexo que viaxa en avión ata un lugar de fantasía, de fábula. A bata branca brilla, reloce na miña memoria.

Finca
Fierro. Venres, 27 de xullo de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario