Cada
vez estou máis alucinado coa xustiza española. O nome de xustiza,
en por si, xa é un dicir. Resulta que o xuíz
Francisco
Javier Martínez Derqui está sendo investigado despois de insultar a
unha maltratada. Investigado. Repito: investigado. A ver, a ver; hai
un vídeo no que se oen os insultos e... ten que ser investigado!
Veña xa! Pero que xustiza é esta! Dereitiño ó caldeiro,
á
cadea!
Sen máis andrómenas! Pero non, a xustiza española vai perder o
tempo investigando ó
que xa está investigado. Ó
final, diranlle que descanse un ou dous meses e que volva a impartir
xustiza, que en España esta é xusta, moi xusta, moi legal.
O
ministro de Fomento, José Luis Ábalos di que “é verdade que
Galicia pode ser un dos territorios máis
castigados por peaxes. Hai que negociar”. Hai que darlle o seu
mérito por recoñecer as nosas adversidades; pero non, por favor,
nada de negociar con nada. Acabaremos pagando aínda máis. Cada vez
que alguén do Goberno español, de calquera lexislatura,
mira para Galicia é para fundirnos aínda máis. E xa nos chega ben
con que nos fundan os nosos propios paisanos políticos.
Alcaldes de seis
cidades ganan máis có presidente do Goberno. A min iso non me
preocupa. A min o que me preocupa é que, tanto uns coma outros,
ganan demasiado. E moitos deles... para o que fan. E moitos deles...
para ser logo acusados de corruptos ou prevaricación, de
falsificación ou de suborno. Isto si é indignante;
que ganando o que ganan aínda queiran ganar máis... de malas
maneiras. Despois,
se se che dá por pegarlle unha ollada ás listas, ves cada posición
dalgún alcalde que aloulas,
que pasmas
de verdade. Alcaldes de concellos practicamente despoboados ganando
máis, pero moito máis, que algún incluso de cidade. Alcaldes,
si,
de cidades ganando máis, moito máis que presidentes de Comunidades
Autónomas ou, como dicía o titular, máis que o propio presidente
do Goberno. Soldos
que lles pagan os censados, os cales, despois, vén como os camiños
están cheos de bulleiro ou as rúas feitas un caos ou os parques sen
aparellos ou
incluso os plenos sen debate. Para que? Os de maioría absoluta alzan
as mans para botar e... aquí paz e despois gloria. A
seguir cobrando!
Finca
Fierro. Sábado, 6 de outubro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario