miércoles, 10 de octubre de 2018

SECUESTRO NO 1916

As romarías sempre foron e son puntos de atracción para o ser humano; ben polo aspecto relixioso ou ben polo aspecto de diversión. Claro que, en algunhas, tal diversión pasa a converterse en drama. Como o que lle aconteceu no mes de xuño de 1916 a Daría Fernández Cid, veciña de Turzas, no concello de Allariz, que volvendo da romaría de Santa Mariña de Augas Santas, un malnacido déuselle por raptar á pobre rapaza.
Parece ser que o tal secuestrador foi un home de Betán, no concello de Baños de Molgas, que respondía ó nome de Benjamín Abadía Delgado. O pai de Daría axiña denunciou o feito á benemérita de Allariz, que, esta, axiña llo comunicou á de Maceda, porque se supuña que o infame estaba naquela contorna. E como xa teño dito por varias veces, a Benemérita non é parva, non, e tras catro preguntas aquí e tres pescudas alá non tardaron en deter ó túzaro do Benjamín. A mediados do mes de xuño aínda non se sabía do paradoiro de Daría porque o veciño de Betán negouse unha e outra vez a dicir onde estaba a moza. O peor é se o rapto acabou de mala maneira. Porque, por aqueles tempos, non creo que fose para ir na procura dunha recompensa. E por moito que fochiquei pola Internet, a nova non deu para máis.

Finca Fierro. Mércores, 10 de outubro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario