martes, 8 de noviembre de 2022

CURSOS PARA EMIGRANTES

Por desgraza todos sabemos o que foi a emigración en Galicia, o que é e o que aínda será. Porque seguiremos con ela ó lombo. Mentres neste noso país haxa subvencións e haxa unha forte emigración... malo! Non hai peor miseria que esas dúas opcións.


A principios dos anos 60, a emigración galega estaba en auxe. Os países que nos acollían sabíano. E para os intereses deles e as facilidades nosas, optaban por realizar cursos de preparación. Así, a prensa informaba que o 27 de xaneiro de 1964 se desenvolverían dous novos cursos de formación para emigrantes na nosa provincia. E os dous serían no concello de Baños de Molgas; un na propia vila e o outro en Os Milagres.

O curso de Baños de Molgas impartíanllo empresas alemás a un cento de veciños. E o mesmo número de alumnos alcanzaría o de Os Milagres, que se desenvolvería no hostal que hai á dereita da explanada, o ex Cacheiro. Este era a primeira vez que se celebraba nese lugar e impartíano diversas empresas francesas.

Dentro da desgraza era unha boa acción. Non é o mesmo largarse a países estranxeiros sen saber desenvolverse neles que cunha certa preparación, principalmente na que corresponde ó idioma. Xa chegaba ben con aqueles ilegais (si, a maioría da emigración foi legal) que se lanzaban a peito aberto. Digo ilegais para que se saiba que houbo moitos, e que non só entran en España os ilegais de agora, ós que criticamos ata máis non poder.


Café A Pedreira. A Valenzá. Luns, 7 de novembro de 2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario