miércoles, 9 de noviembre de 2011

IMPRUDENCIAS DOS "ACELERADOS"


              Ás veces cometemos imprudencias cos coches que nos custan a vida ou que, xeralmente, segan a vida doutros. Baixando onte de Maceda a Ourense, ás catorce e oito minutos, na recta que baixa a Neboeiro existe unha liña continua que un Audi (creo) de cor vermella obviou por me querer adiantar a moito máis velocidade da permitida. Non me incomodou que me adiantase (pobriño o meu Peugeot 306 con dezasete anos de existencia e máis de trescentos mil quilómetros), pero si me anoxou, si me rebentou a imprudencia do “acelerado”, xa que os accidentes cáusanos precisamente os que non respectan as normas, as sinais, os impacientes. Algún día poida que boten as mans á cabeza porque lles segaron a vida a uns inocentes. Pero entón será xa demasiado tarde. Menos présas e máis prudencia ó volante.

              Oficina de Maceda. Mércores, 9 de novembro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario