viernes, 11 de noviembre de 2011

TRECE NAVES ESPACIAIS


              Murmurios no café cando unha cascuda viaxa polos laterais dunha pista feita de palla e barro en conmemoración dos entregos que nos visitaron hai xa trinta e pico séculos acochados en trece naves espaciais. En trece, nin unha máis nin unha menos. As cascudas, cando chegan á fin da pista, non saben qué facer, e ante o perigo dun neno que se achega, optan por saltar ó baleiro e encomendarse a unha nova nave espacial que aparece fungando no seu auxilio. Esta consegue chegar a tempo para recoller ós asustados insectos. O neno pestanexa dúas ou tres veces e abre a boca de par en par cando contempla a máis naves espaciais que escoltan á que aterrou para recoller ós ortópteros. Cóntaas en silencio. Trece naves espaciais.

              Cafetaría Oren Express da Valenzá. Xoves, 10 de novembro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario