jueves, 10 de noviembre de 2011

O ASUBÍO DUN POEMA


              Penso na claridade da néboa e vexo o trebello dun verso escrito cun lazo, cun cadorno de xeo. A espiga dunha herba seca arde, devece ante o raio de sol que saíu, de súpeto, do carreiro dunha nube que atravesaba, veloz, o ceo. O silencio que discorre por entre as toxeiras de Barricobos acocha ante o canto, o piar dunha merla dende o seu niño. O verso deslízase pola páxina en branco e a tinta de cor negra seca ante o lapso dunha mente que se apaga. Xa sabemos que o asubío dun poema fai bailar ós parágrafos dunha novela. O escritor rubrica sobre a folla seca do amieiro, garda o bolígrafo e acouga sentado no outeiro dos soños da infancia.

              Café Tizona de Ourense. Mércores, 9 de novembro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario