jueves, 17 de noviembre de 2011

TODOS SON CULPABLES


              Hai veces que é moi difícil buscar un culpable. Aínda que tamén hai veces en que os culpables son varios ou todos. O concello de Ferrol solicitoulle á Xunta un auditorio en 1999. O seu presuposto era de 8,2 millóns de euros e abriría no 2007. Hoxe aínda non abriu. ¿De quen é a culpa? Núñez Feijóo, sendo conselleiro de Política Territorial, puxo a primeira pedra en 2005. Entrou o bipartito na Xunta e paralizou a obra. Regresou o PP, volveu prometer montes e moreas e, efectivamente, rematouse o “pequeno Gaiás”. O presuposto subiu coma a espuma; agora xa eran 14,8 millóns de euros. ¡Pero!..., aínda está sen inaugurar porque faltan os equipos técnicos; o que significa máis cartos e máis tempo; e co problema de que seica non contan con prazas de aparcadoiro. Todos son culpables e todos son políticos.

              Xoves, 17 de novembro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario