miércoles, 16 de noviembre de 2011

MENTIR CUN SORRISO


              Tanta política, cansa. Tanta mentira, esgota. Tanto mitin, aburre. Tanto gasto inútil en mentiras, cabrea. Co bonito que é estar, por exemplo, pechados nun coche e coa música rompendo o silencio. Co bonito que é pasear polos montes e escoitando música por medio duns auriculares. Pero, hoxe, o único que chega ós nosos oídos son insultos duns políticos a outros, son rexeitamentos dunha forma de traballar duns partidos a outros, son negativas a recoñecer os erros cometidos logo de declaracións desafortunadas. Co bonito que é recoñecer que o que se fixo ben, non é grazas a eles, senón ós votantes que os puxeron aí para que fixeran precisamente o que lles pediron. Pero non, nin se fixeron nin admiten críticas. Uns e outros. Hai que recoñecer que a política é ben porca, a política é a mentira cun sorriso nos beizos.

              Mércores, 16 de novembro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario