jueves, 18 de octubre de 2012

PAPEIS MOLLADOS



              Ruído na cafetaría do pavillón e silencio na concentración do escritor. Todas as mesas completas; menos dúas. De xente lendo. De xente conversando. Mikel Erentxun cantando pola televisión. As bandadas dos estorniños planando sobre o parque dos Remedios. As nubes grises corren polo ceo ourensán. Nenos que entran e saen. Farois que se acenden. A noite que penetra nas entrañas da cidade. A voz de Chambao que se introduce, que se incrusta no silencio do escritor. Papeis mollados na súa canción. Cadernos cheos na vida do escritor. De calquera escritor. As mesas da cafetaría, pouco a pouco, quedan baleiras. O ruído vai a menos. A concentración remata. Papel medio escrito. Papel medio en branco. Papeis mollados de tinta no relato.

              Cafetaría do pavillón Os Remedios de Ourense.
              Xoves, 18 de outubro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario