jueves, 18 de octubre de 2012

PLANTAS SEN NOME



              A claridade aínda non asoma pola ventá da oficina, porque o día está gris, tan gris que segue ameazando chuvia. Esperemos que non chove. Para auga chegou onte. Caeu a mares. Lucas Carroso Lapetra contempla ao mesmo tempo unha planta que ten sobre un arquivo. Verde brillante, pero sen saber o seu nome. Lucas Carroso Lapetra sempre estivo un pouco peixe para os nomes de plantas, bichos, herbas e árbores. Para el só son iso: plantas, bichos, herbas e árbores. Nunca pescudou os seus auténticos nomes; fóra dos típicos: xeranio, hortensia, vagalume, escornabois, carballo, castiñeiro. Ao contemplar a planta verde, cae na conta de que leva días sen regala. Tampouco as tres ou catro máis que ten por toda a oficina. Que tamén son plantas, a secas, sen máis nomes. Lucas Carroso Lapetra deixa de ver como amence e disponse a regar as plantas.

              Maceda. Xoves, 18 de outubro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario