Pois eu vou escribir. Así lle
dixen ao rapaz máis novo tan axiña como o deixei na entrada do pavillón. E como
se adoita dicir, teño que facelo “rapidiño e correndo”, porque a miña dona está
a piques de chegar (xusto acaba de chamar por teléfono para saber ónde estou).
Onde vou estar!; tomando un café e escribindo. Así é desde tempos inmemoriais;
que cando estou só tomando un café, teño que escribir. Xeralmente nos paniños
de papel que hai nas cafetarías, aínda que, ultimamente, fágoo sobre un caderno
pequeno que merquei alá polos mediados de outubro. Co inverno póñense
cazadoras, que teñen varios petos, nos que collen moi ben eses cadernos pequenos
que sempre me salvan dunha apurada. Por certo, souben a data da compra porque o
primeiro relato que escribín nel foi o 18 de outubro. De todas sa maneiras, hai
momentos nos que non traio comigo o caderno e boto man dos paniños de papel.
Chegou a muller xusto para rematar.
Cafetaría do pavillón dos Remedios
de Ourense
Martes, 19 de febreiro de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario