viernes, 26 de febrero de 2016

O NACIONALISMO QUE INCITA Ó ODIO



 
               “É que nin a Hitler nin a Stalin os declararon persoa non grata en Pontevedra”. Palabras do presidente en funcións Mariano Rajoy. Pero digo eu, por que non pensou desta maneira: “Por que me declaran a min persoa non grata e non aqueles ditadores?” Se a corporación municipal de Pontevedra o declara non grato, por algo será, non si? Ou foi por capricho? Non; por terrorismo. Que? Por terrorismo. Eu veño a entender que o ministro do Interior (tamén en funcións) así o confesou, aínda que usando outras palabras: “Incita ó odio nomear persoa non grata a alguén”. Aí está, terrorismo puro e duro. Onde vai xa que confesei que os do BNG, que os nacionalistas son, somos, todos uns terroristas. Calquera opinión destes é tan radical que vai sempre contra natura; terrorismo puro e duro.
O alcalde de Pontevedra confesa que lle doeu tomar unha decisión. Créoo perfectamente. Quéirase que non Rajoy é un veciño pontevedrés. Con maior motivo entón para asegurar que por algo sería o escarnio. Nada, nada, que non se desculpe agora, que se nota a leguas que é un terrorista, está incitando ós seus veciños a que odien a outro veciño cabal, traballador, sincero, incorruptible e gran defensor das ovellas do seu rabaño. Xa se sabe que no seu rabaño non hai ningunha ovella negra.

Café O Chicote da Valenzá. Xoves, 25 de febreiro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario