A tarde
do domingo estaba propensa para saír. Saímos. A muller e máis eu. Os rapaces, ó
principio, cando estabamos xantando, dixeron que si, pero cando lles dixen que
se prepararan, xa estaban eles preparados coas súas maquiniñas, cos seus
móbiles e, claro, xa torceron o fociño e puxeron escusas. É igual, á muller e á
min non nos mete medo nada, e moito menos se a nosa visita é ver cataratas,
fervenzas, algo así como a noso especialidade. Collemos o Pancracio e para Porqueira nos marchamos; autoestrada ata Xinzo de
Limia e logo a 301 con dirección a Bande. En Porqueira atópase a Torre e a
fervenza do río Fírbeda.
Fomos ver primeiro esta porque, xa digo, o noso son as
caídas da auga, as caídas espectaculares. A do Fírbeda non lle desmerece a
calquera outra. A proba é que xa é a segunda vez que imos. Bonita. Fermosa. Por
entre uns penedos inmensos. Había que ir a ritmo lento, porque a muller non
está para moitos trotes, pero xa dixen noutro relato que se comportara como
unha campioa, como unha heroína. Ó seu paso goza igual da paisaxe e da
espectacularidade da auga, incluso do son, do ruído que esboura por entre as
carballeiras.
Desde a Torre ou o Castelo xa divisamos toda a inmensidade da
Limia. A tarde estivo máis que perfecta.
Finca
Fierro. Domingo, 24 de abril de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario