A semana
pasada puxen coma unhas nabizas ós medios de comunicación porque non se lle
daba a debida importancia ó terremoto de Xapón, por atoparse este país no outro
cabo do mundo, ou sexa, no quinto inferno. No momento de escribir ese recuncho
aínda non acontecera o tamén terremoto de Ecuador. E a este si se lle deu a
correspondente importancia polo que nos une con eles e, claro está, porque nin
punto de comparación no número de vítimas. No de Xapón foron 41 e no de Ecuador
xa van máis de 600. A lingua ata bastante e se morre algún paisano aínda máis.
Como así aconteceu. Non obstante, seguín sen ver crespóns negros. Será porque
son medio indios e tamén do outro quinto inferno. Ai, ai, ai; que só temos
conciencia para o noso propio interese.
A
cuestión política segue igual ( o venres). É dicir, que non vai, que segue como
o principio. Moita verborrea, moita leria e pouco empuxe. Non quedará outra que
subir de novo a costa da Finca Fierro para votar de novo e, ó mellor, para máis
do mesmo. Vai ti saber.
A banca
empeza a pregoar, a espallar a idea de que non tardará moito en cobrarnos
comisións por todo e cada dous por tres. Bótanlle un tempo duns cinco anos e
confesan que non será “nin fácil nin pacífico” (tomar tal medida). Fácil non
sei, pero pacífico si. Todo consiste en sacar todos os aforros, sen cabreos, e
metelos de novo baixo o colchón ou enterralos ben acubilladiños na horta. Será
por terras ou por lugares para gardalos. Os que haxa que gardar porque, a
verdade, a bolsa é pequena. Aínda así tiñan que compensarnos por llos ter nas
súas caixas, que negocian con eles como lles dá a gana.
Café
Perla 6 do Campus Universitario de Ourense.
Venres,
22 de abril de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario