domingo, 17 de abril de 2016

CADA UN TIRA DOS SEUS


            Se busco un tema en concreto da semana pasada, así, da man para o pé, de primeiras, tan só me sae o fútbol, os partidos da Liga de Campións. Porque a actualidade tamén estivo, una vez máis, nos papeis de Panamá ou paraísos fiscais, pero dese asunto xa falei o luns pasado. A actualidade tamén estivo (e van non sei cantas veces, e seguirá) na corrupción, política, por suposto. Xa se pode dicir perfectamente que a temos tan asumida, tan pegada a nós que a metáfora de que é a nosa propia sombra vaille como anel ó dedo, cádralle a xeito. A actualidade tamén estivo nos terremotos de Xapón, pero para que gastar moitas liñas na catástrofe se… quedan tan lonxe, están tan alá do outro lado do mundo que qué nos importa o que lles aconteza. Para que gastar un espazo no feisbuq e nas demais redes sociais amosando una bandeira xaponesa con crespón negro? Nese espazo pode ir moi perfectamente o sorriso de Cristiano Ronaldo logo de lle facer unha tripleta a un “equipo importante”, como dicía un parente meu, en alusión ó Wolfsburgo, o equipo alemán que querían todos (sería por esa categoría). Nese espazo tamén poden ir fotos coas caras de circunstancias dos xogadores do Barça, logo da súa eliminación polo Atlético de Madrid, ou incluso textos e máis textos sobre o baixón anímico, físico e futbolístico dos cataláns.
É certo, cada un tira dos seus. Ós xaponeses que os rebente a fenda dun terremoto. Os que poidan que sigan evadindo impostos. E os corruptos… hahaha, ós corruptos que os defenda a Fiscalía. (Non sei que do alcalde de Granada. Hahaha)


Finca Fierro. Sábado, 16 de abril de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario