lunes, 7 de noviembre de 2016

ALGO MÁIS QUE PARENTE


Non ten nada que ver que a súa avoa fose curmá da miña nai. Non ten nada que ver, polo tanto, que sexamos aínda parentes. Chega con vela de cando en vez ou de Pascuas en flores ou de figos a béveras para saber que é algo máis. Cando vou a Baños de Molgas a ver ás miñas sobriñas, aí está ela. Sempre está ela. Ou fisicamente. Ou no feisbuq.
Se lle dou uns bicos a Iria ou a Noa, tamén lle teño que dar uns bicos a Tere. Desde cativa. Desde nena. Sempre coas miñas sobriñas. Como non lle vou querer entón! Como non vai ser especial! É máis que unha simple emparentada. Cando dicimos parente xa se entende que é unha relación algo afastada do tempo. Pero dicir sobriña, olliño!, xa case é sangue do sangue. E Tere Iglesias Ferreiro, para min, é unha sobriña máis. Como non vai ser unha sobriña máis vendo a relación que mantén coas curmás mencionadas e co cariño que tamén me amosa cando me ve. Neniña, téñote como unha sobriña máis!

Finca Fierro. Luns, 7 de novembro de 2016

1 comentario:

  1. Chito, que detallazo máis bonito para coa miña irmá ademáis nin que escolleras o día porque foi xusto na víspera do seu cumpreanos. Moitas gracias por ser como eres, todo corazón.

    ResponderEliminar