lunes, 28 de noviembre de 2016

FACEMOS AS COUSAS Ó GRANDE


Para contemplar o campanario da igrexa de Baños de Molgas teño que levantar o pescozo como as xirafas porque 30 metros de altura non é moco de pavo. Case é mellor que pille as ás do anxo que está á súa dereita e intente voar ata o ruxerruxe das campás, ou aínda mellor, ata o propio pararraios para completar os 30 metros. Sempre oín que a torre eran 27, máis os 3 do pararraios.
O que si sei é que as catro esferas do reloxo son grandes coma as rodas dos carros, ou máis; e que as agullas semellan o tamaño dos estadullos. En Baños de Molgas facemos as cousas ó grande. Ata o señor Oíncho as intentaba facer: empurraba nas enormes pedras da torre como se se fose acabar o mundo. Para impulsar aquela forza xemía coma un condenado e soltaba aquel oíiiincho! que lle quedou de alcume. Deixo as ás do anxo en paz e subo os 133 chanzos para repenicar as campás.

Finca Fierro. Luns, 28 de novembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario