domingo, 20 de noviembre de 2016

O VERSO ESCAPA DO POEMA


Quere a lúa ser sol e o sol ser compás diante dunha páxina en branco. Quere o silencio ser ruído e o ruído acougar entre os viraventos dun campanario. Quere a alma ser pensamento e o pensamento navegar por entre as ondas furtivas dun mar en calma. Ninguén debería solucionar os problemas sen mamar antes as penas. Ninguén debería soñar co infinito e máis alá, cando non consegue tan sequera solucionar o de acá. A vida é algo máis que un verso escrito na soidade dunha noite.
Quere o verso ser arado de pau, pero o arado de pau leva moitos anos colgado na palleira. Queren a lúa e o sol ser universo, pero o silencio e o ruído viaxan polas noites escuras para que a alma e o pensamento se acochen entre os desexos dun pobre escritor que non consegue matar o tempo. O escritor quere ser verso, pero o verso escapa do poema.

Finca Fierro. Domingo, 20 de novembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario