domingo, 13 de noviembre de 2016

PARA PASAR A TARDE


Para Evaristo Torcuto Salerón a tarde púxose boa. Con sol e, de cando en vez, con nubes que tapaban ese sol. Así, se ó sol pasaba calor coa cazadora, axiña asomaba unha longa sombra para non se sentir incómodo. Intuíndo isto, Evaristo Torcuto díxose que a mellor opción para pasar ben a tarde (e así non estar todo o tempo estomballado no sofá) era largar a ler polo paseo do río. Dito e feito, ás tres e algo colleo "Abril vermello", de Santiago Roncagliolo, e tirouse máis dunha hora lendo e paseando.
Cando chegou á fin do percorrido, non lle quedou outra que parar a tomar o seu café. A Evaristo Torcuto Salerón non lle podía faltar o seu cafeciño. E mentres o tomaba botoulle unha ollada ó xornal que lle faltaba por ler. O outro xa o lera pola mañá cando saíra a tomar café coa súa dona. Ós domingos sempre saen a tomar café.

Finca Fierro. Domingo, 13 de novembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario