sábado, 29 de agosto de 2020

A PROPIEDADE É INVIOLABLE!

Segundo o dicionario da Real Academia Galega, o substantivo feminino Propiedade, na súa segunda aceptación, di o seguinte: “Dereito ou facultade de posuír unha cousa, de gozar ou de dispoñer dela de maneira exclusiva.” E na terceira aceptación, dita: “Ben (terra, casa, etc.) que unha persoa posúe.” Ante isto, non entendo moi ben que é o que pasa co tema dos okupas. É que o outro día lin unha noticia na que dicía que as inmobiliarias reclámanlle ó Goberno desocupacións en 48 horas e penas de prisión. Como que en 48 horas? Nin tan sequera nin en un minuto! Ninguén ten dereito a usurpar a propiedade dunha persoa. Sei que todo o mundo ten dereito a unha vivenda, pero non na forma en que o conseguen algúns. A propiedade é inviolable, sagrada! É moi triste que vaias entrar na túa casa e non poidas facelo. Aí falla o Goberno, a xustiza (tamén é verdade que aquí nunca houbo xustiza, por moito que a sigan defendendo algúns) e Rita a Cantaora.


O que se está conseguindo con isto dos okupas é que chegará un día no que haberá unha desgraza. Se somos capaces de matar polo marco dunha leira ou pola galla dun carballo que cruza, por exemplo, a esa mesma leira, como non imos matar por unha casa, por unha vivenda; que despois da familia creo que é o máximo que ten e que lle queda a calquera ser humano. Se hai unha desgraza, ata penso que aquí si actuaría a xustiza. E se a lei está mal, que entendo que, neste caso, está moi mal, pois non queda outra que cambiar a lei. Pero xa. Antes de que botemos as mans á cabeza.


Finca Fierro. Sábado, 29 de agosto de 2020

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario