jueves, 13 de octubre de 2022

POR ALTA MAR

Estaba tan aburrido e aproveitando que era festivo (o día da Hispanidade), sentinme Colón e marchei a ver mundo. Tiven que achegarme ata Vijo (digo ben Vijo porque algúns, ás veces, falamos así) para subir á Perla Negra e sucar o Atlántico. Non tardei en perderme. Porque eu non son de mar; son máis ben da Galicia profunda. Así é que, en menos dun amén, xa non souben cal era o norte nin o oeste. E estando en alta mar non tardei en berrar. Berrei por unha balea azul para que me tragase. Todas as baleas deberon saber axiña que eu era Eliecer Monsergas e non o puto Jonás ese que se deixou tragar por un peixe de pouca monta, xa que todas pasaron de largo. Tan só conseguín ver algún que outro tiburón achaparrado que tamén fuxían de min como almas cándidas.


Non tardou en aparecer unha treboada que me mantivo firme ó temón da Perla Negra. Por medo a naufragar collín unha pexa de burro (repito: da Galicia profunda) que por un casual levaba envolta na miña cintura e ateime ó mesmo temón. Non quería que un golpe de mar me levase ó fondo da inmensidade das augas. Sabía que se así acontecía nin tempo tería de lanzar un réquiem pola miña alma. Agarreime ben agarrado, que a esperanza é o último que se perde. E menos indo na Perla Negra.

Cando rematou a treboada, polo horizonte, mirase por onde mirase, tan só vía auga e azul. Mais como sabía que todos os camiños conducen a Roma, deixeime ir. E por alta mar sigo.


Café O Chicote. A Valenzá. Xoves, 13 de outubro de 2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario