Tradición cultural e familiar e
comarcal e temporal e rexional e nacional e urbana e rural e relixiosa...
tradición tradicional, tamén era antigamente o mallar en calquera animal,
incluso de compañía. Mais agora está prohibido e penalizado. Non pode entón a
Comisión Europea saírse pola tanxente co slogan “tradición cultural” cando se
refire á atrocidade que se está a cometer en Tordesillas coa festa denominada
Touro da Veiga. Bruxelas lávase as mans. Así de simple. Claro que xa todos
sabemos (neste e en tantos asuntos) que hai moito de Pilatos nos deputados
europeos. Eles só queren cobrar e... fóra polémicas! Ás veces claman ó ceo por
un simple lapote ou azoute a un cativo, e ante a masacre que se comete cun
animal indefenso, en por si bastante nobre, pechan os ollos, lávanse as mans e
sentencian cunha ”tradición cultural” ridícula e esperpéntica. Nin puta idea do
que significa a palabra cultura! Incluso os propios asasinos de Tordesillas
saben a animalada que cometen, de aí que non queiran que os graven. Normal;
cómo nos podemos alegrar, cómo podemos berrar, rir e choutar de gozo ante un
animal que sangra, que sofre, que morre lentamente. Segundo todos os estamentos
nacionais e europeos loitan contra o maltrato animal, cómo pechan os ollos,
cómo se lavan as mans ante este, ante as corridas de touros; ou acaso este non
é maltrato? É verdade, son eu o que erro; é festa rachada... culturalmente
falando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario