Dóeme o pescozo. De mirar para a
televisión. A Volta Ciclista a España. Unha etapa onde subían ó santuario de
San Miguel de Aralar. Porto de primeira categoría. Con zonas dun 14% de
desnivel. Unha animalada. Pero os esforzados da ruta aí están; rinchando os
dentes e pedaleando, dando bandazos e pedaleando. Ganou un italiano, Fabio Aru.
Pero quen manda na carreira é Alberto Contador. En principio. Hoxe, por certo,
eliminou definitivamente a un rival, a Airo Quintana, que caeu onte e volveu caer
hoxe. A de hoxe seica foi de upa; tanto que xa tivo que abandonar.
Dóeme o pescozo porque a tele estaba
colgada na parede e demasiado cerca. E non valía desviar a mirada de cando en
vez ou cambiar de postura. Ó final tiña que atender máis á carreira que á
propia incomodidade da cabeza. É que es últimos cinco quilómetros estiveron moi
pero que moi interesantes. Cada vez admiro máis este deporte; do sol á chuvia,
das chairas ás alturas, da contra o reloxo ás escapadas, dos abanicos ás
caídas. Sinceramente merecen o nome de esforzados da ruta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario