A
semana pasada foi rica en noticias, faltaría máis, negativas. Sempre vivimos
nun país (e hoxe aínda máis) no que a vida foi e vai a cabalo dunhas decisións
políticas bastante ineptas. En só dez anos, en Galicia, a metade do emprego no
campo foi ó carallo. E non digo nada. A metade dos ourensáns están gobernados por
alcaldes imputados. E non digo nada. Se a Eurocámara non deixa que nos
expresemos en galego, entendo entón que a Comunidade Europea non nos
representa. E tampouco digo nada. Quinto ano consecutivo no que o Goberno
conxela o soldo dos funcionarios. E sigo sen dicir nada. O noso presidente
Núñez Feijoo soltou unha frase lapidaria: “hai rutas escolares que custan 4.200
euros por alumno”. Hai rutas a certos eventos políticos ou a certos países ós
que tan só van de turismo que custan (…) por cada político participante ou
viaxante. E, como non, non digo nada. Porque se digo algo, seguro que máis
dalgún se incomoda, que cho botan en cara toda a vida e, para máis aquel, se
poden, condénante a un ostracismo social, cultural, económico, político e ata
deportivo, por exemplo. Que por que me meto tan só con eles? Non me vou meter
cos que fan as cousas ben; se o fixera igual lle daban a volta á tortilla e,
con sinceridade, xa nos chega ben cos empanadas que temos por aí. E agora si
que non digo nada máis. Por se acaso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario