Lume. O sol; non o lume de fogo.
Veño agora mesmo de ler pola beira dereita do Barbaña (a de máis sombra no
traxecto do Paco Paz) e nin así. Lume. Auténtico lume a tarde de hoxe. Xa o
dixeron: alerta amarela. Aínda que se nos guiamos pola sensación térmica, penso
xa na alerta laranxa. E iso que son dos que soporta bastante ben o sol.
Practicamente toda unha vida lendo ó sol pola estrada de Baños de Molgas ós
Milagros, á altura da Pitadiña e Entreloríos, e estou bastante afeito. Tamén é
verdade que a idade me vai poñendo no lugar correspondente, e este consiste nas
sombras e unha gorra, por se asoma algún traxecto no que dá o sol. Agora xa nin
intento aquelas animaladas de ler ó sol sen camisa e tan só cunha pobre gorra
cubrindo a testa. Outra verdade: agora, aínda que quixera pasar as tardes lendo
ó sol, non podería. Non teño todas as tardes libres como as tiña antes. Xa se
sabe, o tempo pasa e todo cambia. Ata das temperaturas normais do agosto
pasamos ás alertas do setembro. Lume. Auténtico lume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario