A
maiores de que hoxe, precisamente hoxe, é o gran acontecemento que comentaba a
semana pasada neste mesmo recuncho ( o das Novenas e, por suposto, o do día 8),
a semana tamén nos deixou outras novas que, sinceramente, case paso por enriba
delas. O tema dos yihadistas é algo que me altera os nervios, tanto pola culpa
destes como pola culpa dos ianquis; aquí non se sabe cales son os máis
culpables. Sobre o tema catalán, dá igual que opine ou non; a maioría dos
lectores non me farán caso porque eu son partidario do desexo daqueles, e a min
paréceme que o desexo daqueles é a súa independencia. Sobre o asunto Pujol,
aquí si creo que estamos todos de acordo: que o tío meteu man ata o fondo do
máis fondo do saco. Tamén creo que estaremos de acordo no aspecto deportivo: no
baloncesto dirixímonos á velocidade do AVE cara á unha medalla… ata creo que de
ouro. No fútbol, igual de acordo: que nos falta moito, principalmente gol, para
chegar á orquestración futbolística de anos atrás. E xa rematamos con noticias
locais: o máximo esperpento asoma na autovía AG-31 ou a de Celanova, que a
pouco máis de ano e medio da súa inauguración, xa precisou de dous parcheados,
de dous arranxos en parte do seu percorrido. Vese que a empresa escapoulle de
carallo ós materiais. E a Xunta contratou a unha empresa de pacotilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario