miércoles, 17 de septiembre de 2014

HEROE DE MÁIS ALÁ DAS ESTRELAS


               Acadada a oposición de astronauta, agora quero que me metan no robot Philae para aterrar no cometa 67P/Chryuyumov-Gerasimenko. Quero que a sonda Rosetta me impulse polo espazo sideral e quero caer nun lugar inhóspito e perigoso. Non me importa, gústame o perigo. Hai moito tempo xa que quero ser un heroe, que ando detrás dunha heroicidade máis alá das estrelas ou máis alá do infinito. Que máis dá! Non obstante, o peor vai ser cando aterre. Con que me fago heroe? A heroicidade de aterrar é a mesma ca realizada nun aeroporto normal. A heroicidade de que a aterraxe a leve a cabo nun cometa, pouco maior é que se fora na Terra. A única diferenza: un escafandro e un traxe espacial. Por iso empezo a rezar para atoparme no cometa cun alien ou cun E.T. estrafalario. Prefiro un alien estilo Ridley Scott a un E.T. made in Steven Spielberg. Si, non estaría mal tampouco un marciano marca Tim Burton. Sinceramente, quero matar un bicho deses, quero ser o heroe de máis alá das galaxias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario