Palmira Domingos Ramos intuía,
sabía que lle estaba chegando o tempo de durmir fóra, é dicir, no cemiterio, ou
sexa, baixo unha fría lápida de mármore gris. A súa idade non era para botar
foguetes ó aire. Estaba máis cerca dos 100 que dos 90. Palmira Domingos Ramos,
a Doniña, nacera na aldea de Alabastro, parroquia de Santa María da Malladoira.
Nunca saíra da aldea. Nunca. Nin tan sequera para buscar mozo. Foi este quen a
atopou unha tarde de inverno na que el se perdera polos montes da contorna. Ela
axudouno e Dámaso Domador Silveira soubo ó momento que casaría con ela.
Casaron. E a partir de aí o índice de natalidade de Alabastro subiu como a
espuma; anos tras ano alcanzaron os 15 fillos. Segundo Palmira Domingos non
saíu nunca da pequena aldea, dos seus fillos non quedou ningún nela; todos
emigraron a países estranxeiros. A Doniña leva moitos anos sen ver á maioría
deles. E tamén intúe que cando lle chegue o tempo de durmir fóra, algúns nin a
acompañarán na súa derradeira viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario