martes, 7 de marzo de 2017

DESDE O CAMPANARIO


Rematou o fútbol. Non hai película. Perdón, hainas, pero unhas non son aptas para ver (de malas) e outras xa as vin (e como tampouco son moi boas, non apatece repetilas). Así é que, aquí estamos, a velas vir. Éche cousa boa isto de velas vir. Coma iso de ver caer os pans cocidos do ceo. É difícil que estes o fagan, aínda que se alguén os bota desde o campanario da torre da igrexa de Baños de Molgas, ah, iso xa é outra cousa.
Porque vir véñenche desde ben arriba. Que raio, (non digo que demo!, pois este seica adoita estar abaixo no inferno), 30 metros son moitos moitos metros! Un chusco de pan, caendo desde esa altura ó mellor non che fai un chichón, pero se é o badalo dunha campá, moito coidadiño!; seguro que non o contas! Ó final o que realmente cae desde o campanario de Baños de Molgas son as horas que os estadullos do reloxo van marcando sobre a miña nostalxia, sobre a miña señardade.

Finca Fierro. Martes, 7 de marzo de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario