lunes, 13 de marzo de 2017

LOCEN OS CARBALLOS?


Ninguén dubida de que a vida pasa porque nada está quieto. Aínda que Lorenzo Cachaldora non move nin un músculo. Quere contemplar ó escornabois cruzar o carreiro das Mestras. O escaravello é certo que se fai de rogar. Non quere moverse. Lorenzo Cachaldora imaxina que é porque está coma deus ó sol. A ver, ós bichos tamén lles gusta o sol. A quen non? Claro que Lorenzo Cachaldora, nestes momentos, está á sombra duns carballos que locen ó seu arredor.
Por certo, locen os carballos? Vaia se locen! Onde estea un simple carballo que se quite todo un bosque de eucaliptos! Este pensamento faille soltar un sorriso a Lorenzo Cachaldora; porque Galicia, me cago no mundo!, estase enchendo non só de eucaliptos senón de bosques de eucaliptos. Veña, por Deus, se ata o nome nin ten comparanza co rexo carballo. Claro que a nós, ós galegos, sempre nos toca bailar coa máis fea. Lorenzo ergue do chan, cruza o Arnoia e sobe para o barrio da Igrexa de Baños de Molgas.

Finca Fierro. Luns, 13 de marzo de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario