lunes, 6 de marzo de 2017

DOS NOMES ÓS CROTAIS


Hai uns días lin en algún lado que estaban desaparecendo os nomes das vacas. É certo. Agora só se coñecen polas letras e números que levan nos crotais, que moitos gandeiros veñen resumindo nas catro últimas cifras. Alá foron as Marelas e as Gallardas. Imaxino que só quedan cos nomes aquelas explotacións que teñen menos de, por exemplo, 10 animais. Non obstante, para este molgués, ler eses nomes é retornalo ós tempos nos que conviviu con elas.
O meu pai era de criar (normal, non había cartos para mercar unha vaca). A derradeira que mercou en vida miña foi a Turina, e con esta convivían a Rubia e a súa filla a Cireixa. Esta, así mesmo, pariu á Garbosa. E desta saíu a Karina. A derradeira que tivemos foi a filla da Karina á que chamamos Paloma, porque era así como branquiña. De cada unha delas podía contar máis dunha historia. Ó mellor co tempo si o fago. Sinto paixón polas vacas. E polas miñas xa non digo...

Finca Fierro. Luns, 6 de marzo de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario