viernes, 3 de marzo de 2017

MÁIS LISTOS CÁS PAVÍAS!


Liberdade de expresión. E tanta! Cada quen fala do que lle convén; sexan persoas ou sexan medios de comunicación. Por exemplo, de que Luis Enrique non renovará de adestrador polo Barcelona. Auténtico bombazo! Os medios de comunicación dálle que dálle co asunto. A liberdade de expresión tamén existe ó non expresar. Hai liberdade para non dicir hoste nin moste. Por exemplo, para que raio imos pregoar que a unha chea de fiscais os "apartaron" da circulación para que os "asuntos" de Miguel Blesa, Rodrigo Rato, Cristina, a infantiña que non sabe nada e Urdangarin, o seu home que non lle debe contar nada, e demais chupatintas que andan e que circulan polo noso país non sexan tema de conversa, non vaia ser que...? Pois non dicimos nada e distraemos á masa co tema do Luis Enrique. A liberdade de expresión é moi relativa.

Como tamén é moi relativo o asunto do famoso fair play ou xogo limpo, principalmente no fútbol. Os equipos van e veñen para amosar a solidariedade con todo o que se lles poña por diante. "Aquí, nós, somos o exemplo a seguir, e zumba e dálle". Pero despois chega, por exemplo, o Real Madrid e cando se decata de que o seu eterno rival chegou á final da Copa do Rei... quieto parado!; ese día no que se xogue a final o estadio Santiago Bernabeu vai a cometer obras... non vaia ser que lle pase coma a Balaídos. Fair play. Xogo limpo. Xogo limpo. Fair lay. Aquí, neste país, somos máis listos cás pavías! Liberdade de expresión... escrita a lapis, que é moi fácil de borrar. Xogo limpo... por dicir algo e, logo, Deus dirá.

Finca Fierro. Venres, 3 de febreiro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario