sábado, 4 de marzo de 2017

O CALVARIO DOS ARDORES


Levo dez minutos intentando escribir algo, pero non me sae nada. Porque non me apetece moito. Porque estou canso e, para máis aquel, o jazz de Sonny Rollins é máis que melancólico. Andei todo o día na leña e estou canso. Pola mañá, picando un tractor dela; polo que teño que agacharme moito para poñer e colocar o taco na machada do tractor En calquera traballo no que estea moi agachado empézame o calvario desde o estómago. Árdeme moito. Fártome de tomar pastillas.
O sogro dime que acougue, que vaia avagariño. Pero a min dáme carraxe que, mentres esteamos parados, o tractor siga traballando e chupando gasolina. Así é que collo e coloco e agáchome e aguanto o taco e collo outro e sigo agachado e seguen subindo labaradas que me abrasan. Pola tarde, fomos ó quinto inferno a cortar máis piñeiros caídos e a cargar un bo tractor. Na casa queda para picala o luns pola tarde. Xa me saíu o relato.

Finca Fierro. Sábado, 4 de febreiro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario