jueves, 9 de marzo de 2017

UNHA ALEGRÍA TRISTE


Case ás dez da noite do día seguinte do partido Barça-PSG conseguín ver os goles do mesmo. E iso que vin o partido pola televisión. Medio o vin. Porque as présas nunca foron boas. No minuto 75 díxenlle ó rapaz de marchar para a casa; así tiñamos tempo de acomodarnos para ver a correspondente película noitébrega. Total, ían 3-1 e os cataláns precisaban tres goles máis.
Baixámonos do coche e faltaban 10 minutos, e seguían 3-1. Xusto cando me empezaba "Gran Torino" dime Xoel ó oído: remontou. "Veña, home, déixame ver a película". Remontou, volveu a soltar. Non o crin, claro. Nin ó terceiro nin ó cuarto intento. Ata que collín o móbil e abrín a aplicación que teño do Marca. Axiña vin no titular un 6-1. Nai que me pariu! E non fun capaz de exteriorizar alegría porque axiña me impactou algo así como tristeza, como unha desilusión por non ver o que case ninguén esperaba. E, coidadiño, xa nos perderamos o primeiro gol porque no café non atinaban co canal que proxectaba o partido.

Finca Fierro. Xoves, 9 de marzo de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario