jueves, 23 de marzo de 2017

PECHE DO CINE PALAFOX


Remexendo entre os papeis que adoito traer no libro que estea lendo, atopeime cunhas notas sobre o peche do cine Palafox de Madrid. Aconteceu o pasado 28 de febreiro. O cine Palafox. Que nos anos 80 se dicía que era o mellor cine de Madrid e que eu penso que si era verdade.
Estaba preto de onde eu vivía. Imaxinade entón ás estreas cinematográfica que fun alí. A todas! Absolutamente a todas! A señora que despachaba os billetes xa me coñecía de tal maneira que cando reestrearon "Foise co vento" e me viu facendo cola, o chegar xunto a ela, botou as mans á cabeza e dixo que se esquecera de reservarme unha entrada para a fila tal e a butaca cal. Xa sabía onde me gustaba sentarme! Foi o cine no que asasinei a unha muller só coa mirada: ela saía dunha sesión de "Memorias de África", eu entraba á seguinte, e díxolle ós seus acompañantes: "que pena que morre o...". Ela ben se deu de conta da miña ollada. As películas non se contan... vense!. O cine Palafox, daría para unha reportaxe ou un libro.

Finca Fierro. Xoves, 23 de marzo de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario