viernes, 10 de diciembre de 2021

O CAFÉ COMERCIAL

Hai uns días morreu a inmensa escritora Almudena Grandes e todos os medios de comunicación axiña espallaron opinións, comentarios, entrevistas e ruxerruxes a darlle cun sacho.Para min, a Glorieta de Bilbao sempre foi e será o verdadeiro centro de Madrid”, confesou nunha entrevista. Cando lin isto case me emocionei. Porque, para un servidor, tamén o foi. Principalmente o seu Café Comercial. Que penso que tiña menos categoría que o famoso Café Gijón, pero aínda así era local de referencia de artistas e escritores. Eu mesmo vivín moito máis tempo nese Café que na propia pensión. Cada vez que quedaba con alguén a iso da noitiña, xa marchaba para el despois de xantar. Para pillar unha boa mesa, xeralmente ó lado das cristaleiras, pois desde esa posición podías contemplar o movemento existente pola Glorieta e mesmo a saída da xente por unha das bocas de Metro. Houbo días ou tardes nas que cheguei a tirarme máis de seis horas dentro del, o que significaba que caían cafés e cigarros ata máis non poder. Cada media hora ou así, un café. Entre café e café, non sei cantos cigarros. (Agora mesmo levo 26 anos sen fumar). Tamén había días (principalmente as fins de semana) nos que entraba pola mañá, pola tarde e pola noite, e a pesar de que o café era caro de carallo.


Nese Café escribín todo o que se pode escribir. Escribín tanto que, agora mesmo, non sei cantos libros cheguei a escribir (sen publicar, por suposto), e facendo constar que cada “libro” tiña uns 200 folios. O que si sei fixo é que pasan de 100 e bastantes máis. Significou tanto ese Café para min, que un dos “meus libros” tituleino “Gloria no Café Comercial!”.


Finca Fierro. Venres, 10 de decembro de 2021

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario