Non fai falta ser un lince para
saber que os pavillóns e colexios son recintos nos que se acollen, preferente e
maioritariamente, nenos. Tampouco se precisa ser lince para descubrir (xeralmente
polos medios de comunicación) que todos os anos, ante calquera ventada ou
treboada, os tellados ou partes ou cachos dos pavillóns ou colexios viaxan
durante un tempo polo espazo sideral da estupidez ou da miseria ou da
ineptitude duns e doutros. Que pasa? Por que se lle escapa tanto a esas construcións?
Deberían ser as máis seguras do mundo! Nelas estudan ou xogan nenos con toda
unha vida por diante. Emporiso semellan construcións de cartón pedra. Ata creo
que eran máis seguros aqueles decorados de cartón pedra das películas de
romanos dos anos sesenta e setenta. Tampouco entendo que aínda ninguén
levantara a voz como é debido ante esta situación, e a pesar de producirse
todos os anos os mesmos desastres. Se non é un pavillón é un colexio, se non é
un colexio é un pavillón. E moitas veces os dous.
Café Oren Express da Valenzá.
Martes, 25 de febreiro de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario