Collo rolos de papel e colócoos
moi ben colocadiños sobre o chan. Para que? Para facer un mural. Pero non sei
qué facer co mural. Penso nun debuxo, nun lema, nunha ecuación e tan só me
quere saír o silencio montado sobre un asubío. Algo así coma o barullo
mesturado nunha nube gris. Miro para o mural. Miro para os rolos de papel.
Estendo, desprego máis papel. Penso que o mural aínda é pequeno. Para que o
quero máis grande se non sei que facer con el? E se me deito nel e debuxo o meu
perfil? Cal? O do facebook? Veña, oh,
non sexas pamplineiro! Pero podo
debuxar a miña sombra, a miña sombra que me asombra. Porque me asombra? Porque
me recorda a Rosalía. Máis ou menos. Máis ou menos qué, Rosalía ou o mural?
Máis ou menos a multiplicación dunha ecuación que me divide o mural logo de
restar o silencio e o ruído da miña memoria colectiva. Pero ti que dis?,
toleaches ouh? Desfago o mural, recollo o papel e póñolle lume na cheminea.
Meus Deus, canto fume!
Café Aitana 39 da Valenzá. Sábado,
15 de marzo de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario