domingo, 27 de septiembre de 2015

LAGOAS QUE TAMÉN SECAN



              Vai o demo co rabo entre as pernas e un sapoconcho cabalga por entre os xuncos do Río Vello. Colga o anzol da folla dun amieiro porque alguén engarrou alí os recordos dun tempo negro. Non sempre a felicidade aboia nun barquiño de papel; naqueles barquiños de papel que botabamos polas caldeiras dos lameiros dos Lamas, alá pola ponte do Medo ou das Cabras. Quere o demo ir por entre as cascas dun carballo, pero a flor do toxo brilla por entre os penedos de Barricobos. Hai lagoas na mente humana que tamén secan; aínda que as treboadas asomen todo o inverno. Cada quen que lance un suspiro e que todos os gatos pardos miañen nas noites escuras de Baños de Molgas. Cada paso que leva á burga é un recordo compartido. Ou non. Pero sigue sendo recordo. Vai un cego pola carreira da Lama, tropeza e di: “é un atranco”. Pero sigue o seu camiño. Ata o demo, ás veces, se atopa con obstáculos insalvables; polo que ten que meter o rabo entre as pernas, rosmar e marchar. Algunhas veces o silencio amouca ó ruído. Tan só Sabina describe ben o ruído.

No hay comentarios:

Publicar un comentario